PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS

Coa intención de incentivar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro convoca dende 2006, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, o Premio Abrente para Textos Teatrais 2011, dotado cunha cantidade de 3.000 euros máis a publicación da obra na colección “Abrente de textos teatrais” da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.

1ª convocatoria, premio do ano 2006:

“Historia de Helena e María”, de Roberto Salgueiro.

2ª convocatoria, premio do ano 2007:

“Octavius Augustus”, de Antonio Yáñez Casal.

3ª convocatoria, premio do ano 2008:

“Augusta”, de Carlos Losada.

4ª convocatoria, premio do ano 2009:

Convocatoria deserta.

5ª convocatoria, premio do ano 2010:

“Aquelas cousas do verán”, de Manuel Lourenzo.

Consulta as bases de 2011 ou descarga o PDF.

ORGANIZA:
COLABORA:
 
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia