
Premio do xurado ao mellor espectáculo de sala: Hotel Paradiso, de Familie Flöz.
Premio do xurado ao espectáculo máis innovador: Golulá, de Galitoon.
O xurado da Mostra estivo composto por representantes de Asociación Arrincadeira, Cruz Vermella, Asociación Amigos do Museo e Teatro do Vilar.
Premio do público: La verdadera historia de los Hermanos Marx, de Teatro Meridional
Premio de honra: Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Premio Abrente para textos teatrais: Augusta, de Carlos Losada Galiñáns. O xurado do Premio Abrente para textos teatrais estivo composto por Rubén García, director da MIT; Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego; Eduardo Alonso, director de escena; e Fernando Dacosta, actor.
Cada ano, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia concede tres premios aos espectáculos que se levan a cabo dentro da súa programación. Por unha banda, as persoas que asisten ás funcións son as encargadas, a través das súas votacións, de elixir o Premio do público. Por outro lado, un xurado premia o Mellor espectáculo de sala e o Mellor espectáculo innovador.
Como mostra de apoio aos novos creadores, durante a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia entrega cada ano o Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado polo Concello de Ribadavia. O galardón, dotado con 3.000 euros e a publicación da obra, concédese á mellor obra presentada, de tema e extensión libre e escrita en galego. O prazo de admisión remata o día 30 de xuño, e os orixinais deben enviarse ao Concello de Ribadavia.

24ª Mostra Internacional de Ribadavia
Do 19 ó 26 de xullo de 2008
mitridabavia@mitribadavia.com
Oficina da MIT
rúa García Penedo, 3
(ao lado da Praza Maior)
Teléfono 988 472139


