Historia | Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A xénese do teatro galego contemporáneo

Na historia do teatro galego contemporáneo hai unha data fundamental: no 1973, Ribadavia acolleu a primeira Mostra de Teatro Galego Abrente, que tería continuidade noutras oito edicións históricas que supuxeron o renacer das actividades escénicas no país e converteron a capital do Ribeiro na capital teatral de Galicia.

A Mostra Internacional de Teatro, instituída no 1984, continúa mantendo o espírito daquela cita seminal: fortalecer o conxunto do movemento teatral, abrilo a novos públicos e sensibilidades e fomentar o despegue económico da vila de Ribadavia como espazo solidario e de intercambio cultura e turístico.

A aposta

Desde os seus inicios, a MIT proponse apostar pola programación de autores vivos e polos espectáculos actuais, equilibrando os grandes nomes cos menos coñecidos, o teatro convencional co máis transgresor. Faino, ademais, aproveitando o gran escenario que é Ribadavia durante máis dunha semana: a Casa da Cultura, a igrexa da Madalena, a alameda, as prazas e o emblemático castelo convértense en escenarios que atraen a visitantes galegos e estranxeiros.

Historia | Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

24ª Mostra Internacional de Ribadavia
Do 19 ó 26 de xullo de 2008

mitridabavia@mitribadavia.com

Oficina da MIT
rúa García Penedo, 3
(ao lado da Praza Maior)
Teléfono 988 472139

Concello de RibadaviaXunta de Galicia -  Consellería de Cultura e DeporteXacobeoMinisterio de Culrura Reale Seguros caixanova